viernes, 14 de febrero de 2014

Disco duro



Impresores 3D

Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar "impresións" de deseños en 3D, creando pezas ou maquetas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador. Xorden coa idea de converter arquivos de 1D en prototipos reais ou 3D. Na actualidade son utilizados para a matricería ou a prefabricación de pezas ou compoñentes, en sectores como a arquitectura e o deseño industrial. Resulta máis común o das próteses médicas, onde son ideais, dada a facilidade para adaptar cada peza fabricada ás características exactas de cada paciente.
Os modelos comerciais son actualmente de dous tipos: 
De compactación, cunha masa de po que se compacta por estratos. 
De adición, ou de inxección de polímeros, nas que o propio material se engade por capas.
Segundo o método empregado para a compactación do po, pódense clasificar en: 
Impresoras 3D de tinta:

Utilizan unha tinta aglomerante para compactar o po. O uso dunha tinta permite a impresión en diferentes cores.  O po composite utilizado pode ser a base de escaiola ou celulosa (o máis común é o de escaiola). O resultado é bastante fráxil, polo que convén someter a peza a unha infiltración a base de cianocrilato ou epoxis para darlle a dureza necesaria. As pezas feitas con po de celulosa poden infiltrarse cun elastómero para conseguir pezas flexibles. A vantaxe é que é un método máis rápido e económico, aínda que as pezas son máis fráxiles.

 Impresoras 3D láser:
 
Un láser transfire enerxía ao po facendo que se polimerice. Despois somérxese nun líquido que fai que as zonas polimerizadas se solidifiquen. Unha vez imprimidas todas as capas só hai que sacar a peza. Con axuda dun aspirador retírase o po sobrante, que se reutilizará en futuras impresións. Ao rematar o proceso de impresión, debe esperarse un tempo para que o material acabe de polimerizarse. Despois xa se pode manipular a peza.
A vantaxe é que as pezas son máis resistentes, aínda que o proceso é máis lento e máis custoso.
Un vídeo do seu funcionamento:

Unha boa páxina para indagar máis é:
Impresoras 3D


martes, 4 de febrero de 2014

Monitores LED

 Os monitores LED e LCD teñen un funcionamento moi parecido. En concreto, os LEDs son monitores LCD aos cales se lles mellorou un dos seus compoñentes. O funcionamento é idéntico. Ambos os dous están compostos de varias capas ou láminas. O paso dunha maior ou menor cantidade da luz a través delas será o que de lugar ás diferentes formas e cores.

Capa 1: the backlight.

Engade unha fonte de luz. Esta capa é necesaria para mellorar o contraste e a visibilidade das imaxes. É ademais indispensable para poder usar os monitores, en ámbitos con moi pouca luz.

Capas 2 e 5: 2 filtros un en cada extremo rotados 90 graos. 

A segunda capa é un filtro polarizado que só deixa pasar a luz polarizada 90 graos, a quinta é outro filtro polarizado rotado de tal maneira que bloquea esa mesma luz.Un filtro polarizo ideal é capaz de deixar pasar a luz en só unha dirección e neste caso estes son capaces de ademais rotar a luz.

 Capa 3: A capa de cristal líquido.

A súa característica máis importante, é capaz de cambiar as súas propiedades segundo se lle aplique un determinado voltaje.Esta capa polo tanto decide que intensidade de luz pasase a través das seguintes capas.

Capa 4: A creación de cor.
  
Unha capa que filtra a cor, é dicir convertemos a luz branca noutra doutra cor. Non é máis, que un cristal pintado. 
Para a creación de cores complexas usamos varios, por cada pixel póñense 3 destes subpixeis, un vermello outro verde e outro azul. Ao estar tan pegado o ollo humano non é capaz de distinguilos.

Capa 6: Panel de cristal.

O que podes tocar cos dedos e que protexe todo o demais.