viernes, 14 de febrero de 2014

Impresores 3D

Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar "impresións" de deseños en 3D, creando pezas ou maquetas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador. Xorden coa idea de converter arquivos de 1D en prototipos reais ou 3D. Na actualidade son utilizados para a matricería ou a prefabricación de pezas ou compoñentes, en sectores como a arquitectura e o deseño industrial. Resulta máis común o das próteses médicas, onde son ideais, dada a facilidade para adaptar cada peza fabricada ás características exactas de cada paciente.
Os modelos comerciais son actualmente de dous tipos: 
De compactación, cunha masa de po que se compacta por estratos. 
De adición, ou de inxección de polímeros, nas que o propio material se engade por capas.
Segundo o método empregado para a compactación do po, pódense clasificar en: 
Impresoras 3D de tinta:

Utilizan unha tinta aglomerante para compactar o po. O uso dunha tinta permite a impresión en diferentes cores.  O po composite utilizado pode ser a base de escaiola ou celulosa (o máis común é o de escaiola). O resultado é bastante fráxil, polo que convén someter a peza a unha infiltración a base de cianocrilato ou epoxis para darlle a dureza necesaria. As pezas feitas con po de celulosa poden infiltrarse cun elastómero para conseguir pezas flexibles. A vantaxe é que é un método máis rápido e económico, aínda que as pezas son máis fráxiles.

 Impresoras 3D láser:
 
Un láser transfire enerxía ao po facendo que se polimerice. Despois somérxese nun líquido que fai que as zonas polimerizadas se solidifiquen. Unha vez imprimidas todas as capas só hai que sacar a peza. Con axuda dun aspirador retírase o po sobrante, que se reutilizará en futuras impresións. Ao rematar o proceso de impresión, debe esperarse un tempo para que o material acabe de polimerizarse. Despois xa se pode manipular a peza.
A vantaxe é que as pezas son máis resistentes, aínda que o proceso é máis lento e máis custoso.
Un vídeo do seu funcionamento:

Unha boa páxina para indagar máis é:
Impresoras 3D


No hay comentarios:

Publicar un comentario